O reprodutor de música Elisa desenvólveo a comunidade KDE e busca ser o máis simple e agradábel posíbel de usar.
Con Elisa pode examinar a súa colección local de música por xénero, intérprete, álbum ou pista, escoitar radios por Internet, crear e xestionar listas de reprodución, amosar as letras, e máis.
Elisa é compatíbel co seu esquema de cores de KDE cando a usa no escritorio Plasma, ou cos modos claros e escuros estándar no resto de escritorios.
Pase un bo rato co modo de festa, que pon as portadas da música en primeiro plano.